Defensas contra la infección

Que entendemos por sistema inmunitario?





INMUNIDADE
O organismo deféndese constantemente frente a agresión de axentes extranos(bacterias, virus, fungos, toxinas, entre outros) procedentes do exterior, así como dos propios que posee o corpo.


A primeira liña de defensa para provocar a resposta inmune constitúena a  pel, o ácido estomacal, a mucosa e os cilios das vías respiratoriase  o refelxo da tos, entre outros. Pero si un axente patóxeno traspasa esas barreiras, ingresando a través do aire, é atacado e destruido polas defensas inmunitarias que posee o organismo.


O noso sistema inmunitario presenta duas formas de reaccionar frente ó ataque dun axente patóxeno:
-Desenvolvendo unha respota inmune inespecífica
-Desenvolvendo unha resposta inmune específica
Picture

Células da

resposta

inmunitaria
------------------>
Picture

~Macrófagos:Glóbulos brancos que atrapan a microbios invasores e avisan a outras células que houbo invasión.
~Células asasinas: Glóbulos brancos que destrúen as células infectadas ou canceríxenas.
~Células B: Linfocitos que producen anticorpos.
~Células B e T (memoria): Proveñen das B e T que dan unha inmunidade futura contra o mesmo antíxeno.
~Células T: Conxunto de linfocitos qe regulan a resposta inmunitaria.
~Células T citotóxicas: Descenden das T e destrúen células específicas(canceríxenas,infectadas).




INMUNIDADE INESPECÍFICA 


Tamén coñecida como inmunidade innata, é a primeira barreira defensiva do corpo (témola ao nacer).
As células encargadas de executar esta resposta son as fagocitarias e son de dous tipos, os neutrófilos e os macrófagos.

As primeiras son as que permiten chegar o sangue ós tecidos cando a infección ou inflamación se desenvolveu. As segundas circulan no sangue e polos tecidos do corpo, e atacan a todos os corpos extranos que entran no noso organismo e ás substancia de desfeito dos tecidos.
Ambas células caracterízanse por se activar de forma inmedia despois de detectar algo extrano no noso organismo. 

Por exemplo, despois de facerse unha ferida estas células diríxense ó lugar afectado, recoñecen a substancia invasora, atrápana e diríxena, proceso que se coñece como fagocitoses.




QUE É A FAGOCITOSE?

Picture
É un proceso mediante o cal un monocito engule a unha bacteria ou a un virus.
Unha vez feito, inundao cunhas enzimas que teñen a propiedade de destruir ó invasor.

Estes glóbulos brancos son máis efectivos cando están quietos porqe actúan de espías.
Despois deles aparecerán os neutrófilos e ó cabo dunha media hora chegarán mais monocitos, e despos volverán a chegar máis neutrófilos...



INMUNIDADE ESPECÍFICA

Tamén coñecida como inmunidade adquirida, vaise desenvolvendo ó longo da vida e adquírese tras o contacto co patóxeno.
Nela participan os linfocitos, os cales recoñecen de forma específica cada patóxeno, e certas moléculas liberadas por eles como os anticorpos

Divídese en dous tipos: Inmunidade Humoral e Inmunidade Celular.



-Inmunidade Humoral: as células non atacan directamente aos antíxenos, senón que usan unhas proteínas chamadas anticorpos para combatir aos invasores. 
 
-Inmunidade Celular: destroza directamente aos antíxenos. Actúa frente a bacterias e virus, así como evitando a aparición e desenvolvemento de células canceríxenas. Nela participal os linfocitos T.

Anticorpos

Picture
Son proteínas que están fabricadas por linfocitos B e que se atopan no sangue, linfa e fluídos dos tecidos. Cada molécula de anticorpo ten unha parte que se une a un antíxeno específico e outra que determina a clase de anticorpo.

Existen 5 tipos: IgM, IgG, IgA, IgE e IgD



A VACUNACIÓN

Picture
É un método que fai uso das memorias do sist. inmunolóxico e prevén certas enfermidades. 


Realízase mediante unha vacuna(imaxe), un preparado de antíxenos que unha vez dentro do noso organismo provoca a producción de anticorpos e con iso unha resposta de defensa ante microorganismos patóxenos.